Dende
Sisel entendemos que a educación e a formación
de toda a comunidade (traballadores, desempregados; maiores,
menores; mulleres, homes) é fundamental para o progreso
e a transformación. De igual modo, creemos firmemente
nunha educación que -fundamentada nunha base teórica-
teña un compoñente práctico de grande
magnitude, que favoreza a implicación dos/as participantes,
mediante unha aprendizaxe significativa.
Nesta
área deseñamos e levamos a cabo formación
para a entidades públicas e privadas que xestionan
formación continua e ocupacional do ámbito
social.