| |
Sisel
constitúese coma un Servizo
Integral de Intervención Sociocultural e Laboral
que pretende o fomento das relacións entre as persoas
da mesma comunidade (convertindo o individualismo en cooperación),
procurando que sexa a propia sociedade a que adquira as destrezas
necesarias para que poida auto-rexenerarse e medrar dunha
forma positiva, aumentado así o seu benestar.
Esta
alternativa privada (aberta á colaboración con
organismos, entidades públicas ou privadas, particulares,
asociacións, organizacións, fundacións
...) quere conseguir o aumento do benestar
social da comunidade na que se inxire, poñendo
á súa disposición catro actividades empresariais,
con profesionais especializados en diferentes
ámbitos socioculturais e laborais.
Queremos contribuír a optimizar todas aquelas accións
que se nos formulen, dunha forma clara, aberta, pedagóxica,
eficaz e de calidade.
Prema na seguinte ligazón
para ver o Perfil Curricular de Sisel (en .pdf).
|
|